Alberto Hermáns González
Alberto Hermáns González naceu en Ferrol no ano 1979.
Músico e compositor vencellado á música tradicional galega, desenvolveu ao longo dos anos unha sólida traxectoria na recuperación, interpretación e difusión do patrimonio musical do país.
É creador dos grupos Norfolk e Lenda Ártabra, formacións centradas na música de raíz e no folk galego, coas que participou en numerosos concertos, festivais e eventos culturais. A súa actividade artística destaca polo respecto á tradición, pola investigación do repertorio popular e por unha interpretación coidada que combina rigor e sensibilidade contemporánea.
Toca a guitarra, o bouzouki e a voz, e desenvolve tamén un importante labor como compositor, contribuíndo á creación e adaptación de pezas dentro do ámbito da música de raíz. A súa formación musical comezou a unha idade temperá: a partir dos dez anos iniciou clases de guitarra da man da cantautora ferrolá Paloma Suanzes, experiencia que marcou o inicio do seu vínculo coa música.
Ao longo da súa carreira formou parte durante máis de vinte anos do Grupo Etnográfico das Mariñas de Ferrol, etapa fundamental na súa formación artística e no seu compromiso coa preservación e transmisión da cultura tradicional galega.
Paralelamente á súa actividade musical, exerce como mestre de educación primaria no Colexio Arenales Compañía de Ferrol, labor que complementa coa divulgación da música tradicional e coa educación en valores culturais, entendendo a música como unha ferramenta de aprendizaxe, identidade e memoria colectiva.
A Banda
A diferenza doutros proxectos musicais de Alberto Hermáns, a banda que formará parte do proxecto Landra poderá variar segundo a necesidades técnicas do repertorio e dos espazos nos que se faga o concerto. Como banda base, Alberto Hermáns, estrá acompañado de grandes músicos como son: José María Bastida, Xosé Casal, Álex Lorenzo, Laura González, Pablo Vergara, Elisa Sardiña ou Marta Masafret entre outros.