Neste proxecto búscase unha versión máis intimista e feita por e para o público desde unha visión máis de autor que de formación coral. Este proxecto musical parte de dúas ideas ou itinerarios de traballo inicial: Follas Novas, risa dáme! e O Neno Rei.
Follas Novas, risa dáme! é a recompilación de 10 poemas de Rosalía de Castro á que se lle puxo música. Está pensado coma un recital poético e musical na que o público pode participar de forma activa lendo algún poema da obra Follas Novas.
O Meniño Rei é un conto de Nadal que conta as aventuras dunha nena ferrolá que vioaxe ata Belén para darlle un agasallo ao Neno Xesús. Durante o conto cántanse panxoliñas orixinais adicadas a diferentes persoeiros históricos como Herodes, San Xosé, Virxe María, Anxo Gabriel, etc.