Daquelas que cantan
Diredes destes versos
Follas Novas! Risa dáme.
Negra sombra
Simiterio d´Adina
Triste Romax
Calade!
Tecín soia
Dende aquí vexo un camino
Eu levo una pena
LIBRO I: Vaguedás
Poema co que comeza a obra de Follas Novas de Rosalía de Castro e no que dunha maneira breve deixa moi claro que a súa forma de escribir e de expresarse por medio das letras non era a que se lle presumía a unha muller.
Denuncia social, inxusticia, pobreza, pena ou dor eran temáticas pouco vistas na literatura feminina da época que acostumaba tratar temas moito máis intrascendentes.
Se Rosalía escribía sobre estes temas, de que terá alma se de muller non a pode ter?
Rosalía segue afondando na rareza de que temas como a inxusticia, a desigualdade ou sentimentos como a trsitura, a dor e mesmo a depresión sexan tratados por unha muller nas súas obras literarias.
Para algún home da época e inclusive para algunha muller, como Pardo Bazán, as temáticas de Rosalía chegaban como chegan as ondas na costa galega a unha Beiramar bravía!
Follas Novas é o poema que da nome á derradeira obra literaria escrita por Rosalñia de Castro en lingua galega.
Pecha a triloxía deste proxecto dentro da primeiro libro deste obra, Vaguedás, e na que defende o seu dereito a expresar mediante a palabra escrita temáticas non recurrente na literatura feminina da época.
LIBRO II: Do Íntimo
O poema Negra sombra é un dos máis coñecidos do segundo libro da obra Follas Novas. Este segundo libro, Do Íntimo, adéntrase nos sentimentos máis profundos de Rosalía e expresa a relación coa morte, o sino ou a mala sorte representada nesa Negra Sombra que nunca a abandonou.
A música deste poema foi popularizado pola gravación feito polo gaiteiro vigués Carlos Núñez e a artista de Boimorto, Luz Casal, no disco as Irmandade das Estrelas pero o compositor da melodía foi Juan Montes Capón no ano 1892.
O poema Simiterio d´Adina fai unha descición detallada do cemiterio chamado daquela da Adina, actualmente, cemiterio de Iria Flavia.
Neste camposanto foi onde se esterrou a Rosalía de Castro en 1885 ata ser trasladada ao Panteón dos Galegos Ilustres en Santiago no ano 1891.
Un poema descriptivo con certo aire de cariño ou amor por ese espazo no que o que máis lle atormenta é observar a "terra removida" onde se enterrou recentemente a alguén.
LIBRO III: Varia
O poema escollido para representar Varia, terceiro libro de Follas Novas, é Triste Romax.
Neste poema, Rosalía, segue a profundizar no aspecto do sino ou dun destiño no que unha persoa mortal pouco pode modificar. Lembremos que Follas Novas foi escrita no ano 1880, últimos anos de Rosalía e que levaba moitos anos padecendo a súa enfermide e sufrindo a morte dos seus fillos Adriano sendo moi neno e Valentina que naceu morta.
Rosalía sumida dunha grave depresión escribe estes versos facendo ver que todo está escrito e que as "rápidas correntes non volven nunca atrás"
LIBRO IV: Da terra
Calade! é un poema duro, de rancor e de desamor cos que desbotan e non respectan a Galicia, a súa lingua, a súa paisaxe e a súa tradición.
En clara alusión a Castilla (vós que so vivir vos compre baixo un ardente sol), Rosalía fai unha defensa de todo o que é Galicia mandando calar a todos aqueles que non gusten de Galicia como calamos nós cando imos a outras terras que non son do noso agrado.
Castellanos de Castilla de Cantares Gallegos ten o seu espello no libro Follas Novas co poema Calade!.
LIBRO V: As viúvas dos mortes e as viúvas do vivos.
O propio título do quinto libro de Follas Novas fai referencia á temática dos poema que nel se inclúen.
As viúvas dos mortos fai referencia directa ás mulleres que quedaron viúvas dun morte física e as viúvas dos vivos fai referencia a todas aquelas mulleres que quedaron viúvas non de forma física senón dunha maneira máis sentimental debido a emigración.
Tecín soia pon en valor o papel crucial da muller durante a emigración é vital para supervivencia das familias e do mesmo xeito da cultura que chegou ata os nosos días.
A temática do poema "Camiño branco" de Follas Novas céntrase na dúbida existencial, a saudade, a sombra da morte e a condición da muller, explorando a introspección e a desolación a través da metáfora dun camiño que non leva a ningures, un contraste coa esperanza da natureza, nunha obra que afonda no pesimismo e na análise da existencia humana desde unha perspectiva moi íntima e sombría, características centrais do poemario.
“Eu levo unha pena” é un poema profundamente emotivo que aborda temas como a dor interior, a soidade, a incomprensión e o pesimismo vital. A través dunha linguaxe sinxela pero cargada de simbolismo, Rosalía de Castro constrúe unha poderosa expresión da tristeza humana, convertendo a experiencia persoal nunha reflexión universal.
A dor expresada pode lerse tamén como reflexo da experiencia vital de Rosalía, marcada pola enfermidade, a marxinación e a conciencia da inxustiza social, especialmente cara ás mulleres e ao pobo galego. Así, a pena individual adquire unha dimensión colectiva, simbolizando o sufrimento dun pobo silenciado.